Víctor Manuel García González e Kelly Cintia González foron os gañadores do Campañazo de Acia Foz do pasado venres, 14 de novembro. A cada un correspondéronlle 150 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acia Foz. Os premios fóronlles entregados na cafetería Express, que foi desde onde seguiron o sorteo. Víctor Manuel García fixérase co seu cartón en Calzados Pirde e Kelly Cintia González recibira o seu cartón na propia cafetería Express. Outra dez persoas resultaron agraciadas tamén o pasado 14 de novembro. Este venres terá lugar o sorteo do terceiro Campañazo de Acia Foz deste mes de novembro. Será a partir das 23.00 horas.
ACIA Foz repartiu 300 euros o pasado venres
ACIA Foz repartiu 300 euros o pasado venres
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo