A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Vicedo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mañón organizan a charla “INTRODUCCIÓN AO COACHING”
As OMIX de O Vicedo e Mañón, xunto coa Rede Galega de dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia organizan este sábado 29 de novembro ás 17h na Casa do Concello de Mañón a charla “Introducción ao Coaching”. Trátase dunha charla participativa onde técnicos da Xunta de Galicia falarán sobre os seguintes puntos:
-Librándonos do pensamento negativo
-As limitacións persoais.
-¿Pódense cambiar as cousas?
-O camiño cara ao éxito
-Coeficiente de optimismo
A charla ten unha duración de hora e media e os menores de 30 anos obterán un certificado que acreditará a asistencia á mesma.
ORGANIZA: OMIX DE O VICEDO e OMIX MAÑÓN