María José Cupeiro Rodríguez.- Esta nota de prensa é para expresar o meu ENFADO sobre o que está a suceder coa LEI DE DEPENDENCIA.
Rajoy, Feijóo e Beatriz Mato están facendo desaparece a lei de dependencia aprobada no ano 2006. Constantemente están sacando decretos, leis, ordes… e cada vez que sacar algo é para rebaixar prestacións, servizos…
Dende fai anos os expedientes abertos están parados nos caixóns e coa disculpa de que non hai cartos, non se valoran os dependentes. E, no caso de valorarse, logo non se lles remite o PIA (Plan de Coidados).
Neste momento, os poucos que teñen PIA están a recibir cartas onde din que a súa prestación vai a ser modificada.
A señora Beatriz Mato nos di que os coidades no entorno familiar son “paguitas” e que quere dar servizos de calidade. Como pensa facelo? Prazas en Residencias públicas non as hai, pero supoño que lle interesa mandar ás persoas a Residencias privadas co cal o coste para a Xunta vai a ser superior que as “paguitas” dos coidados no entorno familiar.
Podemos ver na hemeroteca o que sucede cando se demanda unha Residencia para unha localidade; cantos anos a levamos pedindo en Ribadeo? Que fixo a Xunta? Canto aporta a Xunta á Residencia de Ribadeo?
Si precisas unha praza nunha Residencia, os servizos sociais poden chegar a mandarte de Ribadeo a Chantada. E eu pregúntome, a persoa maior está mellor a 150 km da súa familia ou está mellor na súa casa onde está rodeada da súa familia e coidada con cariño?
Eu creo que os políticos que fan as leis de dependencia e logo as modifican entenden pouco de cariño, familia…
Miña nai ten alzheimer e está atendida “na súa casa” pola miña irmá que deixou de traballar para poder atendela coa axuda da lei de dependencia. O fai dende o ano 2010 que a Xunta lle mandou o PIA. Empezou cobrando sobre 500 euros e a Xunta pagaba a Seguridade Social de miña irmá. Logo pagáronlle 400 euros e sacáronle a Seguridade Social ó coidador e agora dinlle que como a súa capacidade económica é de 800 euros (segundo eles ten moito poder adquisitivo= a axuda por dependen só vai ser de 256 euros e sen a Seguridade Social.
Gostaríame que a señora Conselleira e demáis políticos cobraran 800 euros, pois eles só nunha comilona desas que fan xa os gastan.
Por último, unha recomendación aos políticos que nos gobernan en Galicia “miren vostedes polas persoas sen recursos que o están pasando mal, mentres vostedes a final de mes cobran bos soldos”.
María José Cupeiro Rodríguez.