Tarde invernal e infernal, con choivas contínuas toda a tarde sen dar ningún tipo de respiro. Campo encharcado, tremendamente resbaladizo, que fixo que os xogadores tiraran con moitas precaucións, o cal se notou nuns tanteos moi baixos; ademáis a abundante auga dificultou o rodar das bolas e bolos.
Liga Sénior Masculina
Poucas variacións na cabeza desta Liga, que sigue encabezada por Arturo Vigo, quen grazas á súa victoria amplía a súa vantaxe respecto dos seus perseguidores. J. Rafel aguanta o tipo cos 10 puntos obtidos nesta tirada; Sócrates continúa 3º, e ao cuarto posto accede Moisé Rodríguez, en detrimento de Francisco Pérez, quen só conseguiu un punto. A piques de finalizar a primeira volta, a tónica dominante é a igualdade na cabeza; iso sí, que non se descuiden, xa que Arturo Vigo correu carreirilla, e con dous 1º e dous 2º postos nas últimas catro tiradas debe ser o xogador a vixiar, tendo en conta ademáis a calidade que atesoura.
Salientar tamén, pola gran campaña que están a facer, a Moisés Rodríguez e Francisco Rodríguez, que neste intre son os dous únicos xogadores que puntuaron en tódalas tiradas, ousexa, están xogando cunha gran regularidade.
Liga Sénior Feminina
Máis apretada inda a clasificación nesta Liga despois desta tirada. A debutante Salomé Cardoso consigue recortarlle varios puntos á líder Carmen Roca e ao mesmo tempo colócase segunda, en detrimento de Belén Meitín.
A falla dunha tirada para rematar a primeira volta, parece moi claro que estas tres xogadoras vanse disputar o podium final; Carmen Roca e Belén Meitín xa saben o que é gañar esta Liga; a debutante e xove Salomé Cardoso, vencedora en dúas ocasións da Liga Sub 18, pretende dar a sorpresa nesta súa primeira tempada na Liga Senior. O rodaxe que lle falta a Salomé nesta categoría, súpleo cunha gran ambición e un tesón encomiable. Por detrais un grupo de xogadoras que se pelexarán polos dous postos finais con premio que quedan, ousexa, polo 4º e o 5º.
Liga Sub 16
Miguel López logrou romper a hexemonía que estaba impoñendo Daniel Alonso, conseguindo unha importante vitoria que lle permite, por unha banda, recortar puntos e, por outra, tomar alento e recuperar moral con respecto ao líder; agora xa sabe que Daniel non é invencible, e que lle pode gañar.
Dende a organización deste Campionato Municipal alegrémonos moito de ter xoves coma Daniel e Miguel, que se siguen con esta progresión van dar moito que falar neste deporte nos vindeiros anos. E por detrais deles, rapaces e rapazas como Hugo Pérez, Lara Rodríguez, Javier Alonso, etc., que neste intre estanse a formar, aprendendo día a día as bases e fundamentos desta tan querida nosa especialidade deportiva. Os 11 nenos/as inscritos nesta última tirada fálanos de que hai futuro neste deporte.
A vindeira tirada, última da primeira fase, vaise celebrar no campo do Centro Social de SUMOAS, ESTE SÁBADO, 29 DE NOVEMBRO DE 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (22 NOVEMBRO DE 2014) 34 INSCRITOS: 15 NA LIGA SENIOR, 11 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 233 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 226 | 10 |
TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 223 | 8 |
CUARTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 222 | 7 |
QUINTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 204 | 6 |
SEXTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 195 | 5 |
SÉTIMO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 195 | 4 |
OITAVO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 154 | 3 |
NOVENO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 143 | 2 |
DÉCIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 120 | 1 |
MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 85 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 160 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 132 | 4 |
TERCEIRO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 65 | 3 |
CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 60 | 2 |
QUINTO | JULI A LÓPEZ FORMOSO | 59 | 1 |
MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 62 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 134 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 112 | 4 |
TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 92 | 3 |
CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 69 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 40 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |