O círculo PODEMOS de Ribadeo, emite o presente comunicado para aclarar algúns comentarios e/ou rumores que poden confundir á opinión pública do concello de Ribadeo.
Ata a data de hoxe, o círculo PODEMOS de Ribadeo non apoia ningunha candidatura municipal nin lista electoral ó concello de Ribadeo, pois aínda ningunha plataforma cidadá nin de outro tipo se puxo en contacto co círculo PODEMOS de Ribadeo para explicar o seu programa nin solicitar o seu apoio.
Se nun futuro algunha candidatura ou plataforma así o fai, o círculo PODEMOS de Ribadeo estudará a proposta e tomará unha resolución ó respecto, comprometéndose a facer pública a súa decisión no menor tempo posible.
En Ribadeo, a 25 de Novembro de 2.014