Con motivo do Día das Librerías, este venres 28 de novembro, a librería Bahía de Foz acolle a sinatura de exemplares da última obra de Rhodea Blasón, pseudónimo da xornalista mariñá Rosa María Fidalgo Vérez, que foi no seu día a primeira muller redactora de deportes en Galicia. Rosa María Fidalgo ven de ser este ano 2014 finalista nos “PREMIOS UTOPIA” de libros e literatura, e finalista na antoloxía “AMENTIA” na que concursaron máis de 500 autores de lingua Hispana. A xornalista firmará exemplares entre as 18.00 e as 22.00 horas. Os libros terán, ademais, este venres un desconto dun 5% durante todo o día.
Rhodea Blasón asina libros na librería Bahía
Rhodea Blasón asina libros na librería Bahía
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo