O domingo 30 de novembro concluíron en Barreiros os actos organizados para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro tivo lugar a representación da obra de teatro Eterea, a cargo da asociación VEA. Os asistentes gardaron antes un minuto de silencio e acenderon velas en lembranza das vítimas mortas a mans das súas parellas neste 2014. E os nenos e nenas portaron globos malvas na súa lembranza. Tamén se volveu dar lectura ao manifesto que o 25 de novembro leu o alcalde, Alfonso Fuente, ás portas da Casa do Concello.
Barreiros, contra a violencia de xénero
Barreiros, contra a violencia de xénero
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo