O Durán Maquinaria Lourenzá continúa líder da Primeira División Nacional despois de derrotar por 51-62 ó Ventanas Arsán no partido correspondente á oitava xornada.
As laurentinas encabezan a táboa empatadas a 15 puntos co Viajes Turyva Grupo Deportivo Bosco.
A vindeira xornada, o domingo 14 de decembro, reciben ó Universidad de Burgos – BTB a partir das 18.30 horas.