Burela, 18 de decembro de 2014.- O Trofeo de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum regresa por terceiro ano consecutivo para recibir o Nadal na Mariña. Un total de sete clubs da provincia participarán entre o venres 19 e o sábado 20 nunha cita que reunirá as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil nos pavillóns burelaos de Vista Alegre e Monte Castelo.
A competición futbolística arrincará o venres 19 ás 16.00 horas. Vista Alegre acollerá a entrega de trofeos o sábado ás 21.00 horas.
Benxamín: ED Burela FS, Cidade de Viveiro, Prone Lugo FS, EDM Barreiros
Alevín: ED Burela FS A, ED Burela FS B, Prone Lugo FS
Infantil: Selección A Mariña FS, ED Burela FS A, ED Burela FS B
Cadete: Burela FS A, Burela FS B, Prone Lugo, Porto de Burela
Xuvenil: Burela FS A, Burela FS B, CP Casás