A programación cultural para o Nadal en Ribadeo continúa, despois do Festival de Nadal da EMMeD que terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 12.00 e ás 18.00 horas, coa representación teatral de Axóuxeres o domingo 21 de decembro na escola de Vilela a partir das 19.00 horas. Porán enrriba do escenario “Descontrol hospitalario”. Ese mesmo día, a partir das 20.45 horas, a igrexa de Santa María do Campo acollerá o XX Festival de Panxoliñas organizado conxuntamente pola concellería de Cultura e a Coral Polifónica de Ribadeo. O luns 22, Títeres Trompicallo representará a partir das 17.30 horas “O osiño” no auditorio municipal por un prezo de 2,5 euros a entrada. O martes 23, será a quenda do teatro para bebés -“4 Tempos”- con entrada gratuíta que ofrece Teatro do Miolo no Cine Teatro a partir das 17.30 horas.
Oferta cultural para abrir o Nadal en Ribadeo
Oferta cultural para abrir o Nadal en Ribadeo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”