Preto dunha vintena de alumn@s asistiron na Aula CeMIT do Concello de Barreiros ao curso Administración electrónica e identidade dixital, que tivo lugar durante o mes de xaneiro. Segundo explica o axente TIC, Manuel Pérez, “este curso enmarcouse dentro do plan de formación Faite Dixital, que a Xunta de Galicia a través de Amtega puxo en marcha por setembro do 2014. En Barreiros participaron 18 alumnos/as, que aprenderon a solicitar e manexar o certificado dixital, a realizar trámites electrónicos seguros coa administración e a coñecer as súas vantaxes”. O curso foi clarusurado este xoves.
Curso de administración electrónica e identidade dixital en Barreiros
Curso de administración electrónica e identidade dixital en Barreiros
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo