O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20.30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. As modificacións que está a sufrir o areal é motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza este debate no que intervirán o biólogo Alexandre García; o práctico do porto de Celeiro, Andrés Díaz Ferro; e o capitán de pesca, J. Pino. Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo. O acto será público, con entrada libre até completar o aforo da sala.
Debate sobre o estado do areal de Covas
Debate sobre o estado do areal de Covas
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder