Eme2 emoción&arte presenta a comedia ‘O Crédito’ este sábado 28 de febreiro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das oito e media do serán da man de Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso. No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe. Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella.. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.. O crédito estreouse en Barcelona e xa leva 8 meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A versión en castelán tamén xa está estreada e colleitou o mesmo éxito. As entradas poderanse adquirir a partir das 19.30 horas na taquilla do teatro o día da función cun máximo de 4 entradas por persoa.
‘O Crédito’ chega a Viveiro
‘O Crédito’ chega a Viveiro
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo