A OMIX de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 13 de febreiro de 2015 unha actividade dirixida ós xóvenes do municipio maiores de 14 anos consistente na combinación de xogos de mesa e música. Habilitarase un espazo para xogos de mesa como o Scattergories, Tabú, Party & Co, Monopoly, Scrabble, poker, etc. Ó mesmo tempo haberá a posibilidade de “pinchar” a música favorita habilitando turnos de Dj para amenizar a xornada. Será o venres 13 de febreiro a partir das 21.30 horas.
Xogos de mesa e música na OMIX do Vicedo
Xogos de mesa e música na OMIX do Vicedo
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’