O martes 3 de marzo o alumnado de 4º de ESO do IES Alfoz-Valadouro gravou un programa radiofónico para denunciar a mortalidade infantil en países subdesenvoltos e a desnutrición en España. O entrevistado foi o médico Pedro Reimunde, natural de Alfoz e cooperante en países como Camerún ou Guinea-Bissau. Esta actividade forma parte do programa ‘O mundo que queremos’, proxecto de educación para o desenvolvemento que forma parte da Plataforma de Innovación Educativa Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Educación.
O IES Alfoz-Valadouro grava un programa radiofónico dentro do Plan Proxecta
O IES Alfoz-Valadouro grava un programa radiofónico dentro do Plan Proxecta
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’