A Sociedade Cultural Ledicia repetirá experiencia cun curso de arreglos florais que se celebrará no seu local social a partir do mércores 11 de marzo e por un periodo de 2 meses entre as 20.00 e as 22.00 horas. O monitor será Fernando Quelle, da Floristería Alecrín, e o custe será de 20 euros ao mes para os socios e 25 para os non socios. O material está incluído neste prezo. Para inscribirse ou recibir máis información poden contactar co teléfono 616 99 50 97.
Curso de arreglos florais da SC Ledicia
Curso de arreglos florais da SC Ledicia
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”