Con motivo da celebración do día da muller traballadora o pasado 8 de marzo, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, convocou o VI concurso de poesía Miña nai, muller traballadora, no que participaron os/as alumnos/as do CEIP San Cosme de Barreiros e CEIP San Miguel de Reinante. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, realizou a entrega dos agasallos aos 6 premiados dos 33 participantes. Os galardonados foron: 4º Ed. Primaria: Carlos Miranda Coto (CEIP San Miguel de Reinante) e Fátima Dorrego Díaz (CEIP San Miguel de Reinante); 5º Ed. Primaria: Izan Acevedo Rivas (CEIP San Miguel de Reinante) e Rosa Martín de Burgos (CEIP San Cosme de Barreiros); 6º Ed. Primaria: Dafne Gómez Meneses (CEIP San Cosme de Barreiros) e Daniel Rosell Nogales (CEIP San Miguel de Reinante).
Entrega de premios do ‘VI Concurso de poesía Miña nai, muller traballadora’ en Barreiros
Entrega de premios do ‘VI Concurso de poesía Miña nai, muller traballadora’ en Barreiros
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo