O atleta Juan Luis Gómez del Río, do Club Atletismo Ribadeo, acaba de proclamarse CAMPIÓN GALEGO DE PISTA CUBERTA EN 3000m. LISOS, na categoría M50 cun excelente tempo de 9’58”.
O Campionato de Pista Cuberta de Galicia de Veteráns celebrouse na Pista Cuberta de Atletismo da Coruña en xornada de mañán e tarde deste domingo 1 de marzo.
Juan Luis está a realizar umha fantástica temporada, xa que no mes de xaneiro tamén acadou a Medalla de Ouro no Campionato Privincial de Campo a Través, na categoría M50, sendo ésta a súa primeira temporada na alta competición federativa.