A escritora María Reimóndez visitou este luns 2 de marzo o CEIP Vista Alegre e o Ceip Virxe do Carme participando nunha actividade de sensibilización cos rapaces e rapazas de 6º de primaria dos dous colexios nos que falou do seu libro Lía e as zapatillas de deporte, co que xa traballaron os nenos e nenas nos últimos meses grazas á doazón de exemplares do mesmo a estes centros de ensino. María Reimóndez ilustrounos coas súas experiencias e ensinoulles a valorar o traballo en equipo, a fomentar as súas capacidades e a sensibilizarse con distintos entornos. Esta actividade inclúese no programa de atención a inmigrantes do Concello burelés. A actividade estaba prevista para o pasado luns, 23 de febreiro, pero tivo que aprazarse por enfermidade da autora.
María Reimóndez nos colexios de Burela
María Reimóndez nos colexios de Burela
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo