O Maderas Barcia ten unha nova subcampioa galega no seu equipo: Nerea Bajatierra que o pasado sábado 28 de febreiro batía a súa mellor marca persoal no campionato galego de pisca cuberta en Riazor cun lanzamento de 9,22 metros.
Ó campionato acudiron as componentes do equipo das Escolas con marca mínima para poder participar:
– Xana Rguez: 50 lisos. Pasaba das previas ás semifinais cun tempo de 7,46 e quedábase a un paso da final cun tempo de 7,39.
50 vallas. Quedou nas semifinais cun tempo de 10,13.
– Arabela Martínez:
50 lisos. Participaba nas previas cun tempo de 8,35(mmp)
– Lidia Barreira:
Altura. 10ª clasificada cun salto de 1,35(mmp)
Triple Salto. 12ª clasificada cun salto de 9,10.