Este domingo 19 de abril tivo lugar unha nova edición dos Domingos a pé. A primeira saída deste ano consistiu nun percorrido pola costa de Foz. As asistentes, que estiveron acompañadas da concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e pola responsable do CIM, María Dolores Cociña, pasaron unha xornada de ocio entre mulleres “para compartir con outras veciñas e amigas as nosas inquedanzas, para evadirnos das tarefas diarias cotiás, e para facer exercicio”. Esta actividade foi organizada polo CIM e pola Concellaría de Igualdade.
‘Domingos a pé’ pola costa de Foz
‘Domingos a pé’ pola costa de Foz
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”