O BNG de Mondoñedo presenta a candidatura para as eleccións municipais encabezada polo actual alcalde Orlando González Cruz. A lista combina a experiencia de xestión dos que xa estiveron no goberno e a ilusión e o compromiso das novas incorporacións.
Renovada nun 33%, a lista representa os diferentes sectores da sociedade mindoniense, integrada por 6 mulleres e 9 homes cunha media de idade de 45 anos, e que entenden a política como diálogo, cooperación e participación, capaces de sacar a diante os plans postos en marcha, así como tamén de aportar ideas novas e proxectos de futuro para Mondoñedo.
Lista do BNG de Mondoñedo para concorrer ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio de 2015.
1- Manuel Orlando González Cruz .
Médico, veciño de Mondoñedo e actual alcalde.
2- Elena Freire Castro.
Empregada, veciña de Mondoñedo e actual concelleira de Deportes, Xuventude e Muller. Comercio e Industria.
3- Eloi Cabanas Ramos.
Responsábel local do BNG de Mondoñedo, veciño de Vilamor e traballador do Servizo de Defensa e Prevención Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.
4- Anxel Díaz García.
Empregado de Alcoa, veciño da parroquia do Carme e actual concelleiro de Obras e Medio Rural.
5- María Carme Maseda Díaz.
T.C.A.E. do Hospital da Costa e veciña de Mondoñedo.
6- Manuel Anllo Centeno.
Estudante de turismo en Santiago de Compostela e Veciño de Vilamor.
7- María Esmeralda Irimia Balseiro.
Técnica en transporte sanitario do 061 de Mondoñedo e veciña de Masma.
8- Pablo Rodríguez García.
Estudante de Arquitectura Técnica na Coruña e veciño de Mondoñedo.
9- Feliciano Berdeal-González Berdeal.
Fontaneiro autónomo e veciño de Masma.
10- Marián Salgueiro Castro.
Empresaria e veciña do barrio dos Muíños.
11- Iván Castillo Otero.
Empregado do Sindicato Labrego Galego e veciño de Viloalle.
Suplentes:
1- Víctor Vila López.
Enfermeiro do Centro de Saúde de Mondoñedo e veciño do Coto da Recadieira.
2- Ana Isabel Barreira Botana.
Auxiliar de enfermería do Hospital de San Pablo de Mondoñedo e veciña de Estelo.
3- Xusto María Fernández Haro.
Concelleiro de Cultura, Turismo,Rehabilitación e Patrimonio. Portavoz municipal do BNG e veciño de Mondoñedo.
4- María del Pilar Eiroa García.
Empregada, titular dunha explotación en extensivo de vacún de carne e veciña de San Martiño de Figueiras.
Unha candidatura con vocación clara de goberno, que aspira a incrementar a representación do BNG na Corporación Municipal, para seguir demostrando a veciños e veciñas que en época de crise e ante as medidas de recorte da dereita, outras políticas son posibles.