O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Ribeira FS, pechacancelas de Terceira, tras dar a sorpresa a semana pasada batendo a solidez do segundo clasificado, A Estrada FS. Os rapaces de Juanma Marrube impuxéronse por 5-4 en Vista Alegre.
A 23ª xornada de Terceira arrincará ás 18.00 horas, no municipal da Fonsagrada. Os mariñáns chegan á cita na sétima posición, con 29 puntos, nunha zona apertadísima ata a décima praza, empatados con Bueu, Superti e Prone.
Ficha técnica
Burela FS B: Erik, Pancho, Daniel, Rubén (1), Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Aitor (2), Renato (1), Alemán, Rafa (1), Javier
A Estrada FS: Javier, David, Rafael, Pablo Tojo, Pablo R. Lozano (2), cinco inicial; tamén Sergio (1), Fabián (1)
Árbitros: Naray Álvarez (Viveiro) // Amor Vizoso (Ferrol). Por Burela FS tarxeta amarela a Renato, Daniel e Rubén. Pola Estrada amarela a Rafael.