Dentro das actividades de animación á lectura de LER CONTA MOITO, onde participan o Concello de O Vicedo e a Consellería de Cultura, este mércores 22 ás 17.30 horas na Casa da Cultura do Vicedo celebrarase o obradoiro creativo “CREA FÓSILES DE DINOSARUROS”. Está destinado a alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e consta de dúas partes: Unha primeira cun audiovisual sobre a formación dos fósiles e a segunda parte onde os nenos e nenas participantes crearán o seu propio “fósil” para levar á casa. A Actividade é gratuita e vai ser desenvolvida por Mau Marela.
Obradoiro ‘Crea fósiles de dinosauros’ no Vicedo
Obradoiro ‘Crea fósiles de dinosauros’ no Vicedo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”