O xoves 23 de abril o programa ‘Parolando’ de Radio Burela emitiu un coloquio sobre as continuas estafas e roubos que fan certas empresas eléctricas e de comunicacións. Para falar do tema estiveron presentes no programa dúas avogadas: Noelia Rodríguez (experta en mediación) e Laura Rivas (experta en arbitraxe). Tamén estiveron presentes tres persoas vítimas dos continuos timos deste tipo de empresas: Inés Cobas, Ana Aínse e José Luís Moñita (este último representante dunha plataforma de consumidores en contra das eléctricas). Desveláronse durante o programa múltiples casos de roubos enmascarados deste tipo de empresas, as súas trampas habituais para facerse cos cartos dos consumidores e a súa falta de honradez profesional. Reivindicouse tamén a necesidade de facer novas leis que acaben con esta práctica continuada de trampas e roubos.
‘Parolando’ sobre as estafas das eléctricas e das empresas de comunicacións
‘Parolando’ sobre as estafas das eléctricas e das empresas de comunicacións
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”