21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

75 anos despois…

30-05-15

suso-fernadezO 1/12/1939 os Irmáns Menesianos inician as crases no entón Colexio do Sagrado Corazón, para cumprir disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que, ó ceder a súa fortuna ó pobo de Foz, foron os maiores benfeitores da súa historia. Cinco anos antes inaugurárase o Asilo de Anciáns, outro baluarte do legado dos filántropos, que durante os últimos 75 anos, desenvolveo un admirable labor social e de atención á vellez…¡en qué tempos! Hoxe, en comparanza, vivese na opulencia e as administracións públicas ventilan millóns árreo, a xulgar polos derroches cotiáns. Medio cento dos que foran alumnos pioneiros, entendendo por tales os que asistiron ás crases nos seus inicios, na que hoxe é a Casa da Cultura, tamén doada pola parella, celebraron, hai cinco anos (2010) unha xuntanza, con un só fin: lembrar aqueles afastados tempos de adolescencia e xuventude; a convivencia nas aulas e o seu entorno, en épocas nas que a falta de recursos, de liberdade, de medios de todo tipo ou sexa, de pobreza, non lograran frustrar a felicidade que transcende dun período da vida que a distancia no tempo magnifica, do que esquece as penurias. O poeta francés, Novalis, dixo que “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”; e ese foi o goce dos septuaxenarios ós que a vida levara por distintos camiños, nos que se mesturaron as rosas e as espiñas, para xuntalos novamente, 70 anos despois, en nostálxica convivencia, só empañada pola ausencia dos compañeiros a quen a Pálida, levara á outra Galaxia…A aqueles nenos e mozos pasáranlles polo lombo tantos anos, e a evidencia traía á memoria as verbas da poeta colombiana Olga Thams: “ No es el tiempo el que pasa. Eres tú que te alejas hacia la sombra, y vas dejando caer, como el que se despoja de sus bienes, todo aquello que amaste: las horas que te hicieron la dicha; amigos, sueños inacabados. Al final, casi vacías las manos, te preguntas en qué momento se te fue la vida, se te sigue yendo, como un hilo de agua, entre los dedos…” Ó longo do ano o histórico Colexio Martínez Otero festexa as Vodas de Pratino; parabéns.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive