Viveiro, 31 de maio de 2015.- Este sábado disputouse no Pavillón Novo Mesoeiro, da Coruña, a fase final da Copa Delegación de Balonmán, para a categoría INFANTIL MASCULINA.
Chegaban a esta fase os seguintes equipos:
BM. ARTABRO e OAR, primeiro e segundo clasificado do Grupo Oeste
BM. VIVEIRO e BM. LUCUS, primeiro e segundo do Grupo Leste.
Á mañá disputáronse as semifinais, enfrontando na primeira delas o BM. VIVEIRO e ao OAR, gañando os vivarienses nun disputadísimo encontro por un tenteo final de 27 a 25 goles. Pola súa banda o LUCUS tamén se impón ao ARTABRO, clasificándose para a final os dous equipos lucenses.
Na final os vivarienses impóñense por 29 a 22 ao Lucus, a pesar de importantes ausencias e da lesión de Jorge no primeiro tempo desta final.
Para redondear a boa actuación dos nosos infantís, o noso central XOSÉ RAMALLAL, xogador aínda en idade cría, é nomeado o mellor xogador do torneo.
(Fotografías: Mario Feo)