Dous menores e dous adultos foron atendidos este martes por Urxencias Médicas a causa das dores en cervicais e nas costas provocadas por un impacto entre un turismo e un autobús.
O accidente se produciu arredor das 16.00 horas na Avenida da Mariña, en Burela. No interior do autocar viaxaban o condutor máis 16 menores que voltaban dunha excursión. Os dous rapaces que resultaron feridos foron evacuados en ambulancia e os demais foron recollidos polos seus familiares no centro educativo no que estudan.
Os axentes da Policía Local solicitaron a colaboración do persoal do CAE 112 Galicia para que fosen movilizados os servizos sanitarios de urxencia e os membros de Protección Civil de Burela e do GES de Cervo.
Como consecuencia do impacto, verteuse sobre a vía unha mancha de aceite, que limparon os integrantes do GES e de Protección Civil.