Foz, 1 de xuño de 2015. O curso 2014-2015 nas escolas deportivas municipais de Foz foi clausurado cunha xornada de actividades celebrada no pavillón polideportivo do CEIP O Cantel o pasado sábado e que contou coa presenza do alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
Os rapaces e rapazas realizaron exhibicións de ballet, ximnasia rítmica e patinaxe para os seus familiares e outros asistentes á xornada. O rexedor municipal entregou unha camiseta conmemorativa a cada un dos participantes e felicitou a todos os alumnos e aos monitores das diferentes disciplinas.