Viveiro, 30 de xuño de 2015.- Os pasados días 26, 27 e 28, celebrouse na localidade de Alcobendas (Madrid), organizado pola RFEA, o Campionato de España de Pista ó Aire Libre de Veteranos, donde o atleta José Rioseco, do Egovarros de Viveiro, proclamouse campión de España na proba de 800 m, na categoría M70 cun tempo de 02’38”, mellorando o record galego que tamén o tiña na súa posesión con 02’41”. Na proba dos 1500 metros acadou o subcampeonato de España, cun tempo de 05’32”, mellorando tamén o record galego, que o tiña en 05’33”.
Destacar tamén a súa compañeira Begoña de Arriba na categoría de W55 que acadou un meritorio quinto posto e o seu compañeiro Fernando Ramos, que na categoría M65, na proba dos 400 metros, foi septimo cun tempo de 01’16”.