O departamento de obras do Concello de Burela está a proceder a unha revisión tanto das prazas de aparcamento para discapacitados, como das zonas de carga e descarga para poder adaptalas ás necesidades reais de Burela na actualidade.
Nesta tarefa están participando a Policía Local, o Xefe de Servizo de Obras e o concelleiro responsable, Ramiro Fernández, que están a realizar un estudio das zonas nas que tanto as necesidades das persoas discapacitadas, como das pequenas empresas poden verse afectadas pola falla dalgún destes servizos.
“Dende o Concello de Burela imos a facer especial fincapé en facilitar as condicións de vida das persoas discapacitadas, e por suposto facer un esforzo para favorecer que as pequenas empresa teñan as mellores condicións para poder desenvolver a súa actividade no pobo”, asegura Ramiro Fernández, primeiro tenente de alcalde de Burela.