Mondoñedo, 28 de xuño de 2015.- O Concello de Mondoñedo emitiu unha nota informativa para informar aos veciños de Viñas da Veiga, Avenida de Bos Aires, Avenida Eladio Lorenzo, San Lázaro, O Coto, Viloalle e Marquide de que sufrirán unha diminución puntual na presión da auga derivada no proceso de encher as piscinas municipais.
Dende a administración local explican que esta diminución da presión da auga darase entre os días 28 de xuño e 5 de xullo, dende as 12:00 horas da noite ata as 8:00 horas da mañá.
O novo goberno local lembra que se trata dun problema herdado do bipartito (PSOE e BNG) e que, só a quince días da toma de posesión, están a traballar para resolvelo.
Neste senso, o goberno local pide desculpas polas molestias que se podan ocasionar a facilita como contacto o número de teléfono 676 787 300; a través do que solicitan que se lles informe en caso de que algún edificio quedara sen o servizo de auga.
Así, o Concello de Mondoñedo convida aos veciños afectados polos problemas de auga da zona a asistir á reunión prevista para o luns 29 de xuño, ás 20:30 horas, diante do edificio Viñas da Veiga (número 49, BII). De igual maneira, desprazaranse tamén aos outros barrios e parroquias.