Burela, a 30 de xuño de 2015.- O Partido Popular de Burela mostrou este martes a súa satisfacción pola licitación das obras de ampliación do IES “Perdouro”, publicada este luns no DOG, e que suporá un investimento de 430.000.
O anterior alcalde, José María González Barcia, que recordou que o anuncio se fixera a fináis de marzo, logo dunha reunión co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a dirección do Centro, manifestou que “con esta obra, coa da reconstrucción do Faro, e coas que están en marcha e mesmo a piques de rematar, como a da nova Escola Infantil, vese que soubemos xestionar, e que se cumple o que nós xestionamos e anunciamos. Tanto o Conselleiro coma o PP de Burela cumplimos o que anunciamos”.
Barcia dixo que “hai moitos anos que non se amplía un centro de ensino na nosa vila, e este centro, sen desmerecer a ningún dos demáis, meréceo, porque asentará matrícula no mesmo”.
“Confío que as obras comencen no verán e que rematen antes de fin de ano, porque creo firmemente na palabra do Conselleiro e non vexo ningún inconvinte para que non sexa así”, engadiu González Barcia.
CONSTITUCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL
Entre a semana pasada e a anterior, quedou constituido o Grupo Municipal Popular (GMP), que terá como portavoz ó anterior alcalde, José María González Barcia, e como portavoz adxunta a Diana Durán García, anterior segunda tenente de alcalde.
Asimismo, quedaron asignados todos e cada un dos concelleiros ás distintas comisións informativas.
O GMP, tal e como se manifestou no pleno de constitución da nova corporación, exercerá unha oposición constructiva, plantexando alternativas pero tamén denunciando aquelas cuestións que non se faigan de xeito acertado.