Barreiros, 27 de xuño de 2015.- Unha avaría nunha bomba de impulsión en San Caetano ocasionou que a pasada noite en varias zonas de Barreiros baixase a presión da auga da traída.
O alcalde, Alfonso Fuente, dixo que “a incidencia produciuse onte, durante unhas horas os depósitos fórense baleirando e por iso nalgunhas zonas do noso concello durante a noite a auga chegaba con pouca presión. Os operarios traballaron durante horas para arranxar a avaría e ás sete da mañá o servizo de abastecemento de auga xa funcionaba con normalidade”.
O rexedor pide desculpas polas molestias que tiveron que sufrir os veciños e as veciñas de Barreiros durante unhas horas.