Aprender a reutilizar e reciclar é o propósito da actividade que desenvolven este luns 1 de xuño, empregados voluntarios de Alcoa San Cibrao con nenos e nenas do Colexio de Educación Infantil e Primaria Cervo Nº1, iniciativa que conta co respaldo da Fundación Alcoa que aportará 3.000 dólares ó centro educativo.
Os voluntarios prepararán un obxecto realizado con materiais reciclables para cada escolar, como botellas, tetrabrik ou outro tipo de envases, cartón, tapóns, etc; e invitaráselles a descubrir que outras cousas poderían facer eles mesmos -como xoguetes, elementos decorativos- reciclando ou reutilizado materiais. Os voluntarios montarán unha exposición que mostre todos os obxectos elaborados polos escolares para resaltar e tomar conciencia da utilidade que aínda pode obterse de obxectos e materiais que consideramos de refugallo.
Así mesmo, prepararanse colectores realizados con botellas de plástico reutilizadas, para colocar en cada un dos tres corredores do colexio.