Trasbar acolleu este mércores 1 de xullo unha charla dirixida á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores, impartida pola Garda Civil dentro do Plan Mayor de Seguridad. Nesta xornada, o axente falou sobre a seguridade no fogar, seguridade na rúa, fraudes e estafas de telemarketing e con produtos financieiros, das compras por Internet, de timos (estampiña, falsos revisores de gas…) e ofreceu consellos e recomendacións a ter en conta. Estar alerta e informado é o mellor remedio para non ser vítima dun delito.
Charla sobre seguridade en Trasbar
Charla sobre seguridade en Trasbar
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo