20 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Terceira actividade dos ‘Mércores de natureza’ organizados pola Casa da Cultura do Vicedo

20-07-15

faroEste mércores 22 de xullo celebrarase a terceira actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo.

Neste caso desprazarámenos a un fermoso concello da Mariña de Lugo como é o Concello de Xove para realizar unha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá un bo tramo do camiño natural Ruta do Cantábrico ao seu paso por este Concello.

Comezaremos a ruta no Portiño de Morás e seguiremos a liña da costa polo sendeiro aberto para a Ruta do Cantábrico polo Ministerio de Medio Ambiente. Continuamos o camiño achegándonos ao punto máis cercano desde a costa ó Illote de Ansarón. A continuación emprenderemos un pequeno ascenso e un posterior descenso ata a praia de Portocelo. Ascenderemos para visitar as ruinas da Ermida de San Tirso e continuaremos ata o punto máis espectacular e tamén final do percorrido que é o Faro de Roncadoira.

A actividade é gratuita e o punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo para desprazarse desde alí, en coches particulares, ata o Concello de Xove.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive