Burela, 26 de agosto de 2015.- O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, visitou as novas e amplísimas instalacións de Marina Deter en Burela hai uns días. O xerente da empresa de produtos de hostalería, industria e fogar, Pablo Palou, recibiu de mans do dirixente laranxa un cadro en mostra do agradecemento pola súa colaboración coa entidade.
Marina Deter é unha firma especializada en produtos de limpeza, vaixelas, cristalería, produtos químicos, lixivias, mantelería…, cun servizo centrado tanto na venda ao sector hostaleiro coma na venda directa a calquera cliente que busque para o seu fogar un produto diferente e de calidade.
A empresa que rexenta Pablo Palou celebrou o día do seu décimo aniversario en Semana Santa, coa inauguración da nova sede; trasladouse dende o centro urbano burelao ao Perdouro, número 31, cunhas instalacións de 2.300 m2, nas que se pode atopar de todo e nas que destacan máis de 200 m2 de exposición de servizos aberta a todo o público, coa colocación de mesas de diferentes estilos e variedade de vaixelas, cristalerías, mantelerías…
Coñece máis en www.marinadeter.com