Ribadeo, 26 de agosto de 2015.- Medio cento de persoas acudiron á observación astronómica que tivo lugar este martes á noite no parque de San Francisco, organizada pola Universidade de Santiago e o observatorio Ramón María Aller coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, asegurou que “si o tempo acompaña ao longo do mes de setembro é posible que repitamos este tipo de actividades, que gustan moito aos que asisten. Onte reunimos a medio cento de persoas de todas as idades, nenos e adultos”.
A edil nacionalista agradece “á Universidade de Santiago que faga este tipo de actividades divulgativas en Ribadeo. Nós, desde o Concello, estamos dispostos a seguir colaborando”.
A observación deu comezo ás 22:30 horas e prolongouse ata a media noite.