Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación un ROGO para o próximo Pleno “facéndonos eco das demandas de varios veciños que visitan habitualmente o areal da praia de Area e que nos manifestaron que na rúa que baixa dende a igrexa cara ó areal, no primeiro ramal á esquerda, atópase un gran desnivel que pon en perigo tanto ós peóns como ós vehículos que chegan a tocar nos baixos coa rúa, feito que xa lle teñen comunicado ó Concello dende o comenzó do verán, sen que a día de hoxe se lle teña dado solución facéndose cada vez máis grande”.
Por este motivo é polo que lle ROGAMOS ó equipo de Goberno tome as medidas oportunas para subsanar o problema a maior brevidade posible.