Burela, 27 de agosto de 2015.- Mujeres en Igualdad Burela organiza un novo curso, neste caso sobre técnicas de relaxación, control de estrés, motivación e autoestima. As clases comezarán o vindeiro día 4 de setembro e serán gratuitas para as socias do colectivo.
O control do estrés e a canalización da ansiedade son dous factores determinantes para conseguir unha óptima saúde psicolóxica e corporal. Mujeres en Igualdad Burela queren contribuír a lograr ese equilibrio mental e corporal en todas as mulleres, xa que consideran que para poder avanzar en aspectos fundamentais da vida e para poder incentivar a propia autoestima, é de vital importancia aprender a canalizar sensacións negativas que nos producen as situacións adversas que nos conducen ao estrés.
O estado de benestar físico e mental, pasa polo autocontrol de factores que nos predispoñen á perda de confianzas en nós mesmos, e polo conseguinte, á baixo autoestima que iso desencadea na persoa. Mujeres en Igualdad Burela quere ofrecerlles a todas as mulleres a posibilidade de participar neste curso que imparten de forma pioneira en Burela.
Inscricións no local de Mujeres en Igualdad Burela, de luns a xoves de 10:00 a 12:00 horas.