Mondoñedo, 1 de setembro de 2015.- Nace a Asociación Deporte en Mondoñedo, Asociación Deportiva formada por un grupo de mindonienses que colaborará para fomentar o deporte na súa localidade. Así, sacarán oferta deportiva empezando a súa andaina en fútbol-sala para as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil, cadete e xuvenil; en tenis de mesa para as categorías dende benxamín a cadete ao igual que bádminton; en baloncesto benxamíns, crías e infantís por conta propia e en cadetes e juniors colaborando coa asociación ED LOURENZÁ; en dúatlon terán todas as categorías; e sacarán grupos de sendeirismo e ximnasia (os alumnos de dúatlon competirán en campo a través).
Sen pechar a directiva, con oito membros agora mesmo, xa buscaron voluntarios para colaborar cos distintos deportes en distintas categorías.
Abrirán esta semana unha preinscrición para apuntarse aos distintos deportes nas distintas categorías.