Xove, 27 de outubro de 2015.- O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de abrir o prazo para solicitar árbores froiteiras, forestais e prantas de xardín. Este prazo abreuse este luns 26 de outubro e rematará o vindeiro 28 de decembro do presente ano.
Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, poden facelo no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.