A Biblioteca Pública Municipal de Burela, un ano máis, convoca o Certame de Postais de Nadal no que poderán paticipar todos os nenos e nenas en idade escolar do Concello.
O tema será o Nadal, e a técnica para facer as postais será libre, utilizando a cartulina como soporte.
Establécense dos premios por categoría contando coas seguintes:
-Educación Infantil:
.(0-3 anos)
.(de 4-5 anos)
-1º e 2º de Primaria.
-3º e 4º de Primaria.
-5º e 6º de Primaria.
Os traballos entregaranse na Biblioteca Municipal de Burela acompañados dos datos persoais do autor/a. A data de recepción rematará o vindeiro 11 de decembro ás 20.00 horas.
Todos os traballos presentados ao Certame serán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o 28 de decembro ata o 22 de xaneiro do 2016. O horario de visita será de 09.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres.
As bases e a ficha de inscrición poden retiralas na propia Biblioteca Municipal.