Monte acollía a terceira xornada da XXVII TIRADA DE BOLOS, XVI SUB 16 e VII LIGA FEMININA de Xove o pasado sábado 17 de outubro cunha excelente participación que alcanzaba os 38 inscritos.
Liga Sénior Masculina
Ó final deste longo torneo de 18 tiradas vai primar a regularidade. E, polo momento, está en mans de J. Rafael González, quen grazas á terceira posición acadada mantén o liderato con 25 puntos, seguido de Francisco Pérez e Sócrates Campo, ambos con 20 puntos. Cuarto é Moisés Rodríguez con 18 puntos e quinto, grazas á súa vitoria, Ginés Rodríguez con 13.
Aínda que é pronto para avanzar un propección final de resultados, a tendencia decántase cara un campionato moi discutido, sen un favorito claro. Iso sí, a maioría dos favoritos xa están a ocupar postos de cabeza.
Liga Sénior Feminina
Segunda vitoria consecutiva para Salomé Cardoso que afianza o seu liderado con 5 puntos de vantaxe sobre a actual campioa, Belén Meitín. Nesta categoría xa puntuaron 8 xogadoras distintas, polo que é posible ver un campionato máis aberto no que, ademais das tres favoritas (Salomé Cardoso, Belén Meitín e Carmen Roca), poidamos ter algunha incorporación dalgunha outra xogadora que aumente a emoción da competición.
Liga Sub 16
Nova vitoria, terceira consecutiva, para Daniel Alonso, que volveu a pasar o rodillo na súa categoría onde está a exercer un liderado sen paliativos.
A súa puntuación permitiríalle puntuar na categoría senior; a pesar de que, nesta, categoría non lle conta a liña do 20. Por detrás, o único que que lle aguanta o tirón é Miguel López, que fixo unha excelente tirada para o que é a súa categoría.
A vindeira tirada terá lugar no CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 24 DE OUTUBRO DE 2015; a pesar que estaba prevista no Campo Municipal de Fútbol de Xove, pero este acolle un partido de fútbol nesa data. Así, a tirada de Xove pasará a celebrarse o sábado 31 de outubro.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (17 OUTUBRO 2015) 38 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIóN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 293 | 12 |
SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 286 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 274 | 8 |
CUARTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 271 | 7 |
QUINTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 254 | 6 |
SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 253 | 5 |
SÉTIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 245 | 4 |
OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 239 | 3 |
NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 218 | 2 |
DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 216 | 1 |
MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 88 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 223 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 178 | 4 |
TERCEIRO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 158 | 3 |
CUARTO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 103 | 2 |
QUINTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 84 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 61 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 178 | 6 |
SEGUNDA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 173 | 4 |
TERCEIRA | DOLORES BAÑO FRAGA | 161 | 3 |
CUARTA | CARMEN ROCA CORRAL | 157 | 2 |
QUINTA | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 107 | 1 |
MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 65 | 1 |