Lugo, 2 de outubro de 2015.- Este venres tivo lugar a inauguración da XIX edición de Artesanfroilán, na que participou o deputado delegado de Turismo, Carlos Armesto, e durante a que se referiu ao Artesanfroilán como unha “cita obrigada, que chega ao seu 19ª aniversario, e que se converte no mellor xeito para colaborar dende a Deputación cos artesáns e mostrarlle á provincia o que é o mellor da nosa artesanía”. O deputado de Turismo dixo que na mostra estaban representados os catro xeodestinos (Ancares-Courel, Lugo-Terra Chá, A Mariña e Ribeira Sacra). A mostra Artesanfroilán terá lugar entre este venres e o 12 de outubro, coa participación de 21 artesáns.
Inaugurada a XIX edición de Artesanfroilán
Inaugurada a XIX edición de Artesanfroilán
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”