Burela, 2 de outubro de 2015.- Dun tempo a esta parte o sendeirismo estase a converter nunha das afeccións máis estendida pola Mariña e por outros sitios. Conscientes disto, no programa Parolando da Radio Burela do pasado 1 de outubro, falamos con representandes de asociacións de sendeirismo da nosa bisbarra. Estiveron connosco Paco Salgueiro (Directivo de “Pasada das Cabras” de Burela), Juan Fernández (Secretario de “Paso Miúdo” do Valadouro) e Maricarmen Vila (Presidenta de “Os Rueiros” de San Martiño, en Foz). Aparte dos beneficios para a saúde, facer sendeirismo é convivir, é facer amigos, é loitar por un obxectivo, é case unha forma de vida.
Sendeirismo en Radio Burela
Sendeirismo en Radio Burela
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove