Preto dunha trintena de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse ata o Parque de Redes en Asturias este domingo 11 de outubro onde realizaron una das rutas máis reseñables sinaladas nese entorno: a do “Desfiladero de los Arrudos”. Nun percorrido de 11 quilómetros correspondentes ao traxecto Caleao – La Fontona – Caleao, tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes outonais do entorno do Parque Natural ata rematar a xornada desfrutando da gastronomía asturiana nun restaurante da zona. A experiencia resultou tan positiva que non descartan incluír novos percorridos pola zona no calendario da vindeira anualidade.
Terras de Lourenzá visitan o parque asturiano de Redes
Terras de Lourenzá visitan o parque asturiano de Redes
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”