Membros da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz, coa axuda do Concello de Alfoz, colocaron este sábado a estrela luminosa que un ano máis nos acompañará durante a época de Nadal no alto da torre do Castelo de Castro de Ouro. Esta estrela, unha das máis grandes de Galicia, con 13 metros de lonxitude, é o símbolo do Nadal de Alfoz desde fai máis de vinte anos e comezará a alumear, como cada ano, a principios do mes de decembro.
A ACX O Castelo e o Concello colocan a estrela do Nadal en Alfoz
A ACX O Castelo e o Concello colocan a estrela do Nadal en Alfoz
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’