Cyrano! Unha incrible historia de amor. A encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material. Un soño por cumprir, unha aventura por vivir. Baixo a dirección de Pedro Rubín, os intérpretes César Cambeiro(Cyrano), Manuela Varela (Roxana), Ana Santos (Ama) e Xosé María López Baño “Tanas” (Cristian), a versión de Julio Salvatierra, a tradución de Francisco Pillado Mayor, a escenografía de Rodrigo Roel e a iluminación de Eduardo Alonso dan vida a esta obra do mellor teatro clásico francés que colme o interese do espectador convertido no patio de butacas nun privilexiado observador desta caixa de ilusións que sempre é a vida dentro. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 28 a partir das 20.3o horas.
‘Cyrano’, no Teatro Pastor Díaz
‘Cyrano’, no Teatro Pastor Díaz
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”